• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Plan de Formación 2009

O Plan de formación e mellora de competitividade para os sectores industrial, da construción, e do comercio e a hostalería para o ano 2009 contou con 26 accións formativas gratuítas, 13 presenciais e 13 por teleformación. Sumaron en total 929 horas lectivas, e ofertaron un total de 430 prazas, das que se beneficiaron, principalmente, persoas empadroadas e/ou que traballaban no Concello de Santiago.

O Plan de formación e mellora de competitividade para os sectores industrial, da construción, e do comercio e a hostalería para o ano 2009 contou con 26 accións formativas gratuítas, 13 presenciais e 13 por teleformación. Sumaron en total 929 horas lectivas, e ofertaron un total de 430 prazas, das que se beneficiaron, principalmente, persoas empadroadas e/ou que traballaban no Concello de Santiago.

Cun orzamento de 122.253 euros, este plan formativo estivo destinado ás persoas desempregadas e empregadas do ámbito da construción, ás/aos profesionais do comercio e a hostalería, ás/aos traballadoras/es do sector industrial e ás persoas promotoras de empresas recentes.

A Concellaría de Promoción Económica deseñou o Plan Formativo 2009 tendo en conta a difícil conxuntura económica actual, co obxectivo de que as persoas beneficiarias aumentasen a súa capacitación profesional mediante a mellora das súas habilidades ou a adquisición de novos coñecementos que amplíen as súas expectativas de inserción laboral, mellorando así a calidade dos recursos humanos dos que dispoñen as empresas da cidade e, polo tanto, a competitividade das mesmas.

O Plan de Formación 2009 dividiuse en tres partes:

  1. Formación para o sector comercial e hostaleiro. Co Curso de inglés para a atención de persoas estranxeiras, de 50 prazas divididas en seis edicións, impartíronse 240 horas lectivas. Destinado a persoas propietarias e traballadoras en estabelecementos comerciais e hostaleiros do Concello de Santiago, baseouse nunha metodoloxía personalizada, con formación e vocabulario específico adaptado ao propio negocio. O sector comercial é un sector básico na planificación económica, tanto pola súa repercusión social como por constituír unha fonte importante de xeración de riqueza e emprego. Especialmente importante para Santiago de Compostela é ademais o sector hostaleiro, pola especialización que no sector turístico ten a nosa economía local. Tanto este curso, como a maioría dos programados para o sector industrial, enmárcanse na xestión e difusión comercial de pequenas e medianas empresas, polo que son de gran utilidade para o sector comercial e hostaleiro.

  2. Formación para o sector industrial e para persoas que recentemente puxeran en marcha unha iniciativa empresarial. Foron 13 cursos que suman 355 horas lectivas e dos que se beneficiaron 200 persoas. Co obxectivo de mellorar a capacitación dos recursos humanos en competencias laborais de carácter horizontal útiles para distintos ámbitos empresariais, esta oferta formativa segue as liñas abertas en anos anteriores en actividades de formación continua na Rede de Cooperación local e no programa Compostela Activa, impartíndose co sistema de teleformación, a través da Plataforma de Formación máiscompostela; pensada para facela máis accesible a un público que ten serias limitacións para seguir horarios fixos e participar en actividades formativas de carácter presencial. Os cursos programados son: Habilidades directivas, Calidade, Loxística integral, Liderado e xestión de equipos E-marketing, Organización e comunicación na empresa, Xestión Laboral, Presentacións eficaces, Atención á clientela, Xestión tributaria, Xestión contable, Axudas públicas e Marketing e PEMES. Para estes cursos presentáronse 637 solicitudes de inscrición, correspondentes a 136 persoas.

  3. Formación para o sector da construción, co obxecto de mellorar a cualificación das persoas desempregadas ou que traballan nesta actividade. Programáronse 12 cursos que sumaron 334 horas lectivas e ofertaron 180 prazas. Os cursos foron seleccionados polas propias empresas. Eran cursos moi específicos sobre novos procedementos e tecnoloxías aplicables á construción: utilización das enerxías renovables, fontanería, revestimentos de fachadas, acabados de construción, idiomas, publicidade, informática…, etc. Estaban centrados naqueles subsectores que na actual conxuntura económica ten maior probabilidade de xerar contratacións. Os cursos programados foron: Autocad, Instalacións de fontanería en canalizacións multicapa, Deseño de sistemas de aire acondicionado, Análise de proxectos de enerxías renovables, Reformas e mantemento e edificios, Operador/a de carretillas elevadoras de dumper, operador/a de maquinaria de obras públicas, Ofimática básica para a construción,Talla en cantería, Enerxía solar fotovoltaica e Eficiencia enerxética en vivendas unifamiliares.

Periodo de actuación

Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017