• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Plan de mellora para os comercios en activo

O Plan de mellora para os comercios en activo ten como obxectivo axudar aos comercios de Santiago de Compostela no proceso de innovación, modernización, xestión e promoción coa finalidade de incrementar aínda máis a súa competitividade.

O Plan de mellora para os comercios en activo ten como obxectivo axudar aos comercios de Santiago de Compostela no proceso de innovación, modernización, xestión e promoción coa finalidade de incrementar aínda máis a súa competitividade. A iniciativa, que conta cun orzamento de 50.000 euros para o desenvolvemento das dúas fases nas que se divide, enmárcase no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña, e que ten como fin impulsar e fortalecer o comercio da cidade.

A primeira fase do plan denomínase Plans individuais de mellora: cheques de consultaría. Consiste nun servizo personalizado e gratuíto prestado por profesionais e destinado aos estabelecementos comerciais que participen no programa. A través dos cheques de consultaría estes profesionais realizan unha diagnose e elaboran un informe de necesidades. Neste documento, totalmente gratuíto, descríbense as áreas de mellora e as posibles solucións ou medidas a adoptar en tres áreas do ámbito comercial:

  • Decoración e interiorismo
  • Xestión de stocks e planificación de custes
  • Análise da oferta comercial

A través do Plan de mellora realizáronse 23 diagnoses dos distintos comercios presentados.

O seguinte paso é o asesoramento para a solicitude de subvencións para incentivar as melloras descritas no informe de necesidades, a través de outros organismos ou da propia Concellaría de Promoción Económica e Comercio, que establecerá unha liña propia de axudas: o Concurso de Proxectos. Outorgaranse premios aos mellores proxectos presentados, dentro das categorías especificadas na primeira fase. Son:

  • Decoración e interiorismo: con tres premios de 5.000, 2.500 e 1.000 euros.
  • Xestión de stocks e planificación de custes: con tres premios de 5.000, 2.500 e 1.000 euros.
  • Análise da oferta comercial: con tres premios de 5.000, 2.500 e 1.000 euros.

Os comercios que resultaron premiados e se beneficiaron das axudas, conforme á convocatoria, foron Cultura Urbana, e Como pez en el agua.

Dirixido

Nesta convocatoria poderán participar, igual que no resto de programas da Concellaría de Promoción Económica e Comercio, todos os comercios de Compostela, aínda que os estabelecementos avaliados contarán cunha base moi importante para presentar ao concurso: o informe de necesidades e posibles melloras elaborado durante a primeira fase do Plan integral de mellora para os comercios en activo.

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017