• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Proxecto Europeo WEED

O proxecto Women, Enterprise, Employment in Local Development (Muller, Empresa e Emprego no Desenvolvemento Local) enmárcase no proxecto URBACT II, e ten por principal obxectivo o de estudar propostas para mellorar a situación das mulleres no mercado local de emprego, na economía cognitiva e na actividade emprendedora. Estas propostas estúdanse a través dos Grupos de Acción Local constituídos en cada unha das cidades participantes.

O Grupo de Acción Local de Santiago de Compostela constituíuse o 19 de setembro do 2008. Son integrantes do mesmo todos os axentes da cidade relacionados cos ámbitos do desenvolvemento local: Xunta de Galicia, administracións, empresas, sindicatos, USC, ONGs, asociacións, etc.

A misión do Grupo é redactar un Plan de Acción Local para executar a partir do 2010, que integrará tres liñas de actuación:

  • Traballo e empregabilidade.
  • Innovación e economía do coñecemento.
  • Emprendemento e empoderamento económico.

Son socios participantes do proxecto WEED:

  • Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago
  • cidade eslovena de Celje, que é o socio principal
  • acidade italiana de Enna
  • a cidade italiana de Crotone
  • a cidade sueca de Umea
  • a cidade checa de Karvina
  • a cidade francesa de Amiens
  • a cidade belga de Skaarbeck
  • a cidade valenciana de Alzira
Caracteristicas
  • Duración: 30 meses, ata setembro do 2010.
  • Orzamento: 670.000 euros destinados a todos os socios participantes para a primeira fase de reflexión e articulación do proxecto teórico.
Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017