• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Sánchez Bugallo reivindica a aposta de Santiago pola innovación e as novas tecnoloxías, dous elementos clave que definirán o futuro despois da crise sanitaria

Sánchez Bugallo subliñou que estamos ante un escenario duro, difícil, moi complexo a causa da pandemia, \"tamén a nivel económico\". Pero é un contexto, continúa, no que \"a historia experimenta auténticos aceleróns\" e polo tanto, \"cheo de oportunidades\". \"O mundo que vai saír desta crise vai ser un mundo con cambios moi importantes\". Para o rexedor haberá un antes e un despois, polo que \"é moi importante anticiparse e aproveitar eses ventos de cambio\".

O pleno aproba o destino dos remanentes, a modificación de crédito para o Plan de Sostibilidade Turística e o inicio da modificación do PXOM para regular as vivendas turísticas

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, destacou que Compostela é o segundo concello de Galicia, despois de Vigo, que aproba o expediente para a utilización do remanente. O rexedor desculpouse pola celeridade na tramitación, pero indicou, "creo que os nosos veciños o necesitan, e creo que vostedes o cren tamén". A proposta saiu adiante cos votos a favor do grupos socialista e popular e coa abstención de Compostela Aberta e BNG.

A sexta edición da Maker Faire Galicia terá lugar do 18 ao 22 de novembro en formato online

Sánchez Bugallo resaltou que o 70% dos poñentes son mulleres", o que lle chama a atención "positivamente". Para o rexedor, isto significa que a incorporación das mulleres ás novas tecnoloxias está sendo "tremendamente positiva". Tamén incidiu en como se afronta a feira, "desde multitude de ámbitos: da producción, das ciencias sociais…" Hai iniciativas, sinalou "que se están desenvolvendo que implican que as novas teconoloxías, que a dixitalización, que esta innovación chegou para quedarse; e que vai ser transversal a todos os segementos da poboación e en todos os sectores.

O Pleno aproba por unanimidade a exención da taxa de terrazas para os locais de hostalería para o ano 2021

Grazas á aprobación desta medida, durante o vindeiro ano, non estarán suxeitas a taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial de dominio publico local as ocupacións de solo e subsolo contempladas na letra g) do artigo 2 da devandita ordenza, relativas á ocupación con mesas, cadeiras, tribunas, quioscos de hostalaría e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.

A Oficina de Promoción Económica oferta tres obradoiros online de balde sobre dixitalización e venda por internet dirixidos á hostelería, comercio e empresas culturais

Os obradoiros que serán impartidos por Juan Magariños, experto en asesoramento e formación integral para PEMES e persoas emprendedoras en productividade e dixitalización celebraranse integramente de xeito online.

· O dirixido ao sector comercial os martes días 10 e 17 de novembro de 9:00 a 11:00h.

· O dirixido ao sector da hostelería os mércores días 11 e 18 de novembro de 9:00 a 11:00h.

· O dirixido ao sector cultural os xoves 12 e 19 días de novembro de 9:00 a 11:00h.

Comeza o plan formativo do programa de Mellora Empresarial da Economía Social, que ten como obxectivo dotar as cooperativas de servizos de apoio ante a actual crise

Este plan formativo está destinado a persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socias e persoal de cooperativas, organizacións de economía social e público en xeral do concello de Santiago. A inscrición continúa aberta, por se hai máis persoas interesadas en realizar o curso.

Sánchez Bugallo amosa a súa satisfacción pola inclusión da futura estación do AVE de Santiago no proxecto de orzamentos do Estado, cun investimento superior aos 30 millóns de euros

Unha noticia "fantástica" sinalou Sánchez Bugallo. "É unha infraestrutura pendente, que ten que completar o conxunto de actuacións que estamos facendo a Xunta de Galicia, a administración central do Estado e o propio Concello, en todo o ámbito de Clara Campoamor, a estación intermodal, e faltábanos a estación de tren". A que hai, engade o rexedor, xa "non responde ás necesidades de Santiago, nin as necesidades dos tres millóns de usuarios que ten cada ano". "Precisamos ter unha estación de tren á altura da terminal de autobuses e á altura do resto de infraestruturas.