• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Pedidos por voz, a nova revolución do comercio electrónico xa en marcha

O estudo conclúe que a maior parte dos usuarios de tecnoloxía xa utilizan estes asistentes para comunicarse cos seus dispositivos, algo que no caso dos teléfonos móbiles chega ao 81%. Ademais, unha gran parte das persoas que se comunican a través do fala cos seus equipos xa empezou a utilizar esta tecnoloxía para buscar e comparar posibles compras. En concreto, un 35% destes usuarios utilizan a voz para facer pedidos de produtos físicos, un 34% úsano para pedir comida a domicilio, un 28% para facer transferencias ou pagos e outro 28% para pedir servizos de transporte de pasaxeiros.