O uso de tecnoloxías de voz triplicarase no próximo ano
Data de escritura
As tecnoloxías de voz seguen dando cifras de crecemento. Segundo un informe de Pindrop, o uso estas triplicarase durante o próximo ano na empresa. O 85% das persoas enquisadas en todo o mundo sinalaron que están a planear implementar algún tipo de tecnoloxía de voz para comunicarse de maneira máis efectiva cos seus clientes.
Os resultados mostran tamén que o 94% dos directivos e das directivas das empresas perciben a tecnoloxía de voz como un factor crucial para a satisfacción do cliente e das clientas, aínda que só o 28% das empresas úsano actualmente.
Enlaces