• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS ÁS ACTIVIDADES DE DISTRIBUCION PARA INDUSTRIAS CULTURAIS

Determinar as condicións que regularán a concesión de subvencións para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas vinculadas ás artes escénicas e ou musicais dentro do seu plan de xira comprendidos nos prazos indicados nesta resolución e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

 

AXUDAS PARA FOMENTAR SINERXIAS E COMPLEMENTARIEDADES CO PROGRAMA HORIZONTE EUROPA

A través desta resolución convócanse para 2024, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas da liña 1 para fomentar sinerxías e complementariedades co programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i a través de bonos para a preparación de propostas a convocatorias europeas de I+D+i (código de procedemento IN851B).

 

AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACION DAS EMPRESAS EN GALICIA

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización, segundo a súa finalidade, mediante as seguintes liñas:

 

AXUDAS Á VALORIZACION, SEGUNDA TRANSFORMACION, E ECOINNOVACION DA INDUSTRIA FORESTAL

Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos de investimento realizados polas persoas beneficiarias nos seus procesos de produción vinculados á transformación da madeira e os seus derivados, resina, cortiza así como doutros produtos de orixe forestal, exceptuando os alimentarios, e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade, a diversificación, ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou solucións, produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental.

INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 30 de setembro de 2023 e a data da presentación da solicitude.

PROMOCION DO EMPREGO AUTONOMO

A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.

PROMOCION DO EMPREGO AUTONOMO

A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.