• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS PARA FOMENTAR SINERXIAS E COMPLEMENTARIEDADES CO PROGRAMA HORIZONTE EUROPA

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2024 pola que se procede á convocatoria para o ano 2024 das axudas para fomentar sinerxías e complementariedades co programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i a través de bonos para a preparación de propostas a convocatorias europeas de I+D+i (código de procedemento IN851B).

A través desta resolución convócanse para 2024, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas da liña 1 para fomentar sinerxías e complementariedades co programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i a través de bonos para a preparación de propostas a convocatorias europeas de I+D+i (código de procedemento IN851B).

 

Os bonos poderán solicitarse para a preparación de propostas que se vaian presentar antes do 30 de novembro de 2024 a convocatorias europeas de I+D+i do programa Horizonte Europa ou doutros programas ou iniciativas europeas, a través da contratación dos servizos de entidades especializadas (entidades consultoras).

No caso de que estas propostas inicialmente apoiadas logren superar os limiares de avaliación da convocatoria europea de I+D+i á que se presenten, pero sen obter financiamento, poderán optar a ademais a unha axuda en forma de premio ou incentivo que complementa o bono inicial. O obxectivo deste complemento é premiar a calidade da proposta presentada e estimular a participación futura nestas iniciativas.

As propostas deberán cumprir os requisitos recollidos nos artigos 3.1, 3.3 das bases reguladoras (Resolución do 30 de xaneiro de 2024) e ser solicitados por unha peme ou un organismo de investigación, tal e como se recolle no artigo 4 das citadas bases.

Documentación requerida

As entidades solicitantes deberán achegar, coa solicitude, a seguinte documentación:

1º) Poder da persoa representante que presenta a solicitude verificado por letrado/a da Xunta de Galicia no caso de non estar inscrito no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).

2º) Anexo de declaración de información relativa á condición de peme, cando proceda (anexo II). A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para verificar a condición de pequena ou mediana empresa (peme) e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

3º) Anexo de declaración responsable do cumprimento do principio DNSH (anexo III).

4º) Copia das tres ofertas, de seren necesarias, de acordo co establecido no artigo 12 destas bases reguladoras, se se dispoñen delas no momento da solicitude, se non, achegaranse coa xustificación.

5º) Certificado relativo á situación da entidade co respecto ao IVE, só para os casos en que o seu importe non sexa recuperable total ou parcialmente, polo que poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso, deberase presentar un certificado de exención ou rateo relativo á situación da entidade co respecto ao IVE.

6º) Nota simple ou certificación do Rexistro Mercantil actualizadas, en que se especifique a data de constitución, o obxecto social, capital, sede social e clasificación CNAE.

7º) Para acreditar o cumprimento posterior dos requisitos para a concesión do premio ou incentivo, deberá achegarse en canto se reciba o informe de avaliación (ESR Evaluation Summary Report) xunto coa declaración responsable de que a proposta non obtivo financiamento por parte da Comisión Europea (anexo IV). Este informe de avaliación (ESR Evaluation Summary Report) deberá achegarse sempre antes do peche da convocatoria anual á cal se solicitou o bono, salvo xustificación motivada por causas non atribuíbles á entidade beneficiaria.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

a) As pequenas e medianas empresas (pemes), conforme as definicións contidas no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

b) Os organismos de investigación galegos sempre que na proposta para a que soliciten o bono participe tamén unha peme. Esta peme deberá ter a súa sede social ou un centro de traballo en Galicia, onde desenvolvería a súa participación na proposta europea de obter esta financiamento.

Requisitos

a) Estar validamente constituídas no momento da presentación da solicitude.

b) Ter o domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde desenvolverían as actuacións subvencionables.

c) Non concorrer nelas algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, estar suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.