• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACION DAS EMPRESAS EN GALICIA

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se convoca para o ano 2024 (códigos de procedemento IN848E e IN848D).

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización, segundo a súa finalidade, mediante as seguintes liñas:

 

– Liña 1: Deseñapeme; plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade, con código de procedemento IN848E 

– Liña 2: Innovapeme; plans de innovación en procesos e organización, con código de procedemento IN848D

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, para ambas liñas, a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva da entidade solicitante, segundo as especificacións do anexo V. Este anexo editable estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

b) Documentación acreditativa daqueles criterios de avaliación que se detallan no artigo 21 desta convocatoria que sexan de aplicación.

c) Nota simple ou certificación do Rexistro Mercantil actualizadas, se é o caso, na que se especifique a data de constitución, administrador/es da sociedade (nome e apelidos ou razón social), o obxecto social, capital, sede social e clasificación CNAE. No caso de que estes documentos non estean actualizados ou non se dispoña deles, poderase substituír o dito certificado pola presentación das escrituras de constitución da empresa solicitante e as súas modificacións posteriores debidamente rexistradas. d) No caso de que o asinante da solicitude non actúe como administrador único para a representación da entidade, deberá achegar documento acreditativo do poder de representación con validez xurídica (escrituras, poder bastanteado, entre outros).

e) Declaración completa do imposto de sociedades do último exercicio pechado, modelo 200 da Axencia Tributaria Estatal. No caso de non ter antigüidade suficiente para ter obriga de presentar o modelo 200, achegarase declaración responsable conforme non se ten pechado exercicio fiscal e obriga de presentar o imposto de sociedades.

f) No caso de non ter traballadores dados de alta no réxime xeral da seguridade social, achegarase documento acreditativo emitido pola Seguridade Social e declaración responsable do representante legal da entidade de non ter traballadores.

g) Anexo VIII, declaración da condición de peme.

h) Para as empresas que soliciten axudas por importe superior a 30.000€, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

i) Copia da resolución das axudas concedidas para a mesma finalidade.

 

Para aquelas solicitudes que se presenten á liña 1, deberá achegarse memoria técnica do Plan de deseño para a innovación e a sustentabilidade proposto, cuxo contido se indica no anexo VI e inclúe o seu orzamento e actividades que se van desenvolver xunto con outros datos detallados. Este anexo editable estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

 

Para aquelas solicitudes que se presenten á liña 2 deberá achegarse memoria técnica do plan de innovación en procesos e organización, cuxo contido se indica no anexo VII e inclúe o seu orzamento e actividades que se van desenvolver xunto con outros datos detallados. Este anexo editable estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

 

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as entidades do terceiro sector de acción social, conforme as definicións contidas no artigo 2, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda. As entidades do terceiro sector deben ter actividade económica e entrar dentro da categoría económica de peme indicada no punto 3 do artigo 2.

Requisitos

As persoas beneficiarias das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no Documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 23 da presente resolución.