• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada en liña: como presentar un proxecto de éxito ao novo acelerador do EIC?

Este programa, substituto en certa medida do  SME  Instrument co que tivemos tan bos resultados en España, presenta diferenzas importantes que é preciso coñecer ben e que explicarán con detalle os nosos puntos nacionais de contacto.

As empresas que queiran validar unha idea ou que xa teñan un borrador de proxecto poderán solicitar unha entrevista bilateral, antes do 25 de xuño. A documentación que necesitarán será ou ben o borrador da proposta ou ben terán que realizar un  pitch que inclúa o orzamento e a explicación da idea.

Como innovar? Recursos e estratexias

Datas: do 6 ao 22 de xullo

Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación

Horario: celebraranse cinco sesións virtuais de aprendizaxe os días 7, 8, 14, 15 e 21 de xullo en horario de 12:00 a14:00 horas.

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas socias e asalariadas de cooperativas afiliadas a EspazoCoop, outras cooperativas, empresas de economía social e público interesado enxeral.

I Atopo universidade-empresa. Innovación e emprendemento: infraestruturas, portos e enerxías renovables mariñas (28 ao 30 de xuño)

O primeiro evento terá lugar virtualmente os días 28, 29 e 30 de xuño de 2021. Incluirá reunións  B2 B (reunións de 20 minutos) os días 28, 29 e 30 de xuño e unha xornada divulgativa o día 29 con relatores de primeiro nivel.

O tema da xornada divulgativa é a innovación e o emprendemento no campo das infraestruturas, os portos e as enerxías renovables mariñas.

Principais temas tratados:

CTG Qué pode facer a intelixencia artificial polo sector audiovisual ?

A Intelixencia Artificial pode abarcar numerosas áreas e funcionalidades dentro do sector audiovisual. Neste  webinar, que será presentado e moderado por Manuel Meijide, responsable da área de Contidos Dixitais da Agrupación industrial Audiovisual  Galego, daranse a coñecer algunhas aplicacións da  IA á nosa industria e de como estas poden ser de gran axuda.