Webinar: Sector lácteo en 2021. Tendencias do consumidor, mercados e innovacións
A Agrupación industrial Alimentaria de Galicia ( Clusaga) organiza no marcado do proxecto europeo AHFES un ciclo de webinars sobre tendencias en alimentación saudable. A primeira xornada destas sesións en liña será o 9 de xullo de 9.30 a 10 horas.
Neste webinar Noelia Dosil, da área de innovación de Clusaga, presentará os servizos e formación que ofrece o proxecto AHFES ás pemes do sector alimentación co obxectivo de mellorar a súa innovación e competitividade.
Pola súa banda, Daniel Álvarez, da área insights de Clusaga, presentará os resultados do estudo sobre tendencias do consumidor e innovacións no sector lácteo. Daranse a coñecer datos de mercado, preferencias do consumidor e oportunidades de innovación, con especial atención á saúde.
As persoas interesadas en inscribirse a este webinar, poden facelo a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación.