O Xemelgo dixital:conceptualización, presente e futuro
Esta xornada organizada por CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación, dentro do ciclo “ Encontros de Tecnoloxías Innovadoras” ten por obxectivo que empresas deseñadoras e fabricantes de produtos ou de instalacións industriais teñan a oportunidade de analizar o seu futuro inmediato no que ademais dunha réplica en 3D dos seus equipos e instalacións esixiráselles, tanto por parte de grandes fabricantes como do seu cliente final, toda a información sobre sensores, actuadores e as súas interconexións.
Data: martes 13 de xullo
Horario: 9:30 a 12:00 h
Duración: 2,5 horas
Modalidade: en liña
Prazo de inscrición: ata o 9 de xullo
Teléfono: 981 33 71 73
e-mail: infocistd.gain@xunta.gal
O concepto de Xemelgo Dixital ( GD) non é uniforme na industria, polo que se abordarán os distintos criterios que se manexan ao seu ao redor. Ademais poderanse analizar utilidades de GD aplicadas en diversos sectores: naval, automoción, aeronáutico, conserveiro, portuario ou bens de equipo, entre outros. Tratarase de Xemelgo Dixital de produto e de proceso, pero tamén de xestión.
Desta forma, esta xornada non só pretende mostrar o estado actual dos desenvolvementos do Xemelgo Dixital en varios sectores industriais relevantes en Galicia, senón que ademais, entrará a valorar algúns dos criterios que marcarán o seu futuro.
Para iso, mostraranse desenvolvementos realizados para o sector conserveiro ( PTC), o de bens de equipo ( SENER), o de automoción (CTAG), o aeronáutico ( BOEING) ou o naval (NAVANTIA), así como para a mellora da xestión empresarial ( NORLEAN).
Formulario de inscrición: https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/intranet/campan/inscribir/55
Programa do evento (pdf