Programa Aprol-Economía Social 2021
A Consellería de Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol - economía social) que se convocan para o ano 2021.
O obxectivo desta orde é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais a través de dous programas de axudas, un para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e outro para o fomento do acceso á condición de persoa socia.
Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións xerais e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:
- As cooperativas e sociedades laborais, para as actuacións previstas para o programa I.
- As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións previstas para o programa II.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Para consultar a orde completa, preme aquí.
Para descargar o folleto, preme aquí.