Noite Aberta de Primavera
Un total de 50 comercios participantes abrirán as súas portas ata as once da noite para ampliar o horario comercial habitual e facilitar as compras no pequeno comercio da cidade nun día no que haberá un ambiente festivo pola Ascensión. Os comercios participantes identificaranse co cartel promocional do programa.