Axudas para o desenvolvemento da oferta tecnolóxica en contidos dixitais
O importe dos proxectos estará comprendido entre 150.000 e 2.000.0000 euros e a intensidade da axuda oscila entre o 25% e o 45% en función do tamaño da empresa.
O importe dos proxectos estará comprendido entre 150.000 e 2.000.0000 euros e a intensidade da axuda oscila entre o 25% e o 45% en función do tamaño da empresa.
Realización dun programa piloto de recualificación profesional dixital, a través da modalidade en liña, de persoas desempregadas paradas de longa duración maiores de 45 anos para a súa capacitación, tanto en competencias dixitais orientadas ao novo mercado laboral como en competencias brandas, co fin de mellorar a súa empregabilidade e a súa inserción laboral. Consistirá, por tanto, na impartición de programas de formación, a través dunha plataforma de aprendizaxe interactiva, de 70 horas distribuídas ao longo de 3 semanas de formación.
As axudas van dirixidas a apoiar o sector editorial galego galego, no que se refire aos gastos derivados da edición (produción), distribución e comercialización das súas publicacións, nos idiomas cooficiais en Galicia ou noutros idiomas, editadas e/ou distribuídas entre o 1.9.2019 e o 31.10.2020.
O importe máximo da axuda á paralización temporal da actividade pesqueira para os armadores calcularase multiplicando o baremo aplicable establecido no anexo II, polos días de parada subvencionables realizados no período de referencia fixado na convocatoria.
O importe máximo da axuda á paralización temporal da actividade pesqueira para os pescadores calcularase multiplicando un máximo de 50 euros polo número de días de parada a que teñan dereito.
Esta ampliación afecta ás liñas:
Axudas aos proxectos dos comercios retallistas galegos para contribuír á reactivación do comercio galego.
Axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor.
O artigo 6 das bases reguladoras define a contía individual para cada unha das liñas de axuda contempladas na orden. En xeral, comprenden unha intensidade do 40%, ampliable en 10 puntos se se trata de agricultores novos, suxeitas a límites por tipo de gasto subvencionable.
Este primeiro tramo da nova liña de avais estará ao dispor de pemes, autónomos e resto de empresas con domicilio social en España, permitíndose ata unha cobertura máxima do 80% para autónomos e pemes e do 70 % para o resto de empresas. As entidades financeiras supervisadas consideradas elegibles para este tramo son as entidades de crédito, establecementos financeiros de crédito, entidades de diñeiro electrónico e entidades de pago.
O prazo de presentación de solicitudes debe, por tanto, considerarse esgotado.
Con este obxectivo, elaborase unha guía de todos os programas europeos de apoio á I+D+i vixentes, clasificados segundo as seis áreas estratéxicas de especialización intelixente da Estratexia Transfronteiriza RIS3T. Esta guía inclúe máis dun cento de convocatorias abertas e as datas de peche van dende este próximo agosto ata o ano que vén.
O Fondo será xestionado, a través de SEPI, polo Consello Xestor. Corresponde a SEPI a análise e valoración das operacións, previos á resolución das solicitudes polo Consello Xestor.
Os recursos do Fondo financiaranse con cargo ao crédito extraordinario previsto no apartado 3 do artigo 2 da Real Decreto-lei.
As condicións das operacións financiadas con cargo ao Fondo están definidas no Anexo II da orde.