Axudas á paralización temporal da actividade pesqueira
O textos que seguen son un extracto das bases reguladoras contidas na normativa que se resume. Só son válidos a título informativo.
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a) Os armadores de buques pesqueiros da lista terceira do Rexistro de Buques e Empresas Navieiras que estean dados de alta no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e en posesión da licenza de pesca en vigor ao comezo do período de referencia (16 de marzo).
b) Os pescadores que traballasen a bordo dun buque pesqueiro español afectado pola paralización temporal polo menos cento vinte días, durante os dous anos civís anteriores á data de presentación da solicitude.
O importe máximo da axuda á paralización temporal da actividade pesqueira para os armadores calcularase multiplicando o baremo aplicable establecido no anexo II, polos días de parada subvencionables realizados no período de referencia fixado na convocatoria.
O importe máximo da axuda á paralización temporal da actividade pesqueira para os pescadores calcularase multiplicando un máximo de 50 euros polo número de días de parada a que teñan dereito.