Subvencións para a realización de funcións de artes escénicas e música
O importe máximo de axuda por beneficiario será de 15.000 euros e en ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do custo da actividade subvencionada.







