Axudas ao desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos baseados en tecnoloxías habilitadoras dixitais
Ten como obxectivo financiar proxectos de desenvolvemento experimental sobre intelixencia artificial como machine learning; deep learning; neural networks, desenvolvemento de solucións, aplicacións ou servizos que melloren a eficiencia dos servizos sanitarios, internet das cousas, tecnoloxías de procesamento masivo de datos e información, computación de alto rendemento, computación na nube, procesamento de linguaxe natural, ciberseguridadE; biometría e identidade dixital, blockchain, robótica, realidade virtual e aumentada, efectos especiais e simulación, Micro/nanoelectrónica, impresión 3D e fabricación aditiva.
Os importes das axudas estarán comprendidos entre os 150.000 e os 3.000.0000 euros. A porcentaxe da axuda oscila entre o 25% e o 45% en función do tamaño da empresa, de acordo coa normativa comunitaria en materia de axudas de estado. Ademais, os beneficiarios poderán obter financiamento a través da liña “ICO-Red.es Acelera”.