• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Subvencións para a realización de funcións de artes escénicas e música

Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as persoas que a continuación se sinalan:

Artes escénicas.

Modalidade A.1: subvencións para a realización de funcións de artes escénicas fóra de Galicia. Persoas beneficiarias: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á realización de funcións de espectáculos de artes escénicas que desenvolvan a maior parte da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modalidade A.2: subvencións para a realización de funcións de artes escénicas en Galicia. Persoas beneficiarias: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á realización de funcións de espectáculos de artes escénicas que desenvolvan a maior parte da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

B. Música.

Modalidade B.1: subvencións para a realización de funcións musicais fóra de Galicia. Persoas beneficiarias: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á realización de funcións de espectáculos musicais que desenvolvan a maior parte da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

O importe máximo de axuda por beneficiario será de 15.000 euros e en ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do custo da actividade subvencionada.

Data fin do prazo de Inscrición