• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas para a realización dun programa piloto de formación en formato non presencial de recualificación profesional dixital

Beneficiarios: empresas cuxo obxecto social estea orientado á impartición de formación e teñan experiencia demostrable no ámbito da formación.

Realización dun programa piloto de recualificación profesional dixital, a través da modalidade en liña, de persoas desempregadas paradas de longa duración maiores de 45 anos para a súa capacitación, tanto en competencias dixitais orientadas ao novo mercado laboral como en competencias brandas, co fin de mellorar a súa empregabilidade e a súa inserción laboral. Consistirá, por tanto, na impartición de programas de formación, a través dunha plataforma de aprendizaxe interactiva, de 70 horas distribuídas ao longo de 3 semanas de formación.

O módulo económico de financiamento dos proxectos piloto, entendido como custo por hora e alumno nesta convocatoria serán de 12 €/h por alumno e hora efectivamente impartida. A contía da subvención calcularase en función do número de horas de formación efectivamente completadas por cada alumno, establecéndose un límite máximo de 70 horas por alumno e programa, e atendendo ao importe do módulo correspondente.

Data fin do prazo de Inscrición