• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Actuacións anteriores

Fóra de prazo

Compostela para investir

Santiago de Compostela é unha cidade moderna e competitiva, con interesantes potencialidades en materia económica. A Concellaría de Promoción Económica e Emprego traballa para difundir eses atractivos e atraer así capital foráneo. Faino a través do programa Compostela para investir, que ten un dobre obxectivo: promocionar as empresas de Compostela no exterior e atraer a novos investidores ao noso Concello.

Fóra de prazo

COMPOSTELA MÓVESE 2016

  Este programa de dinamización económica ten como principal obxectivo apoiar un modelo de desenvolvemento económico local endóxeno, cooperativo e asentado na identidade e na historia do territorio no que se produce. Buscamos asentar os procesos de mellora empresarial e emprendemento nos valores diferenciais do tecido socioeconómico do concello contribuindo con cada iniciativa a conquerir os obxectivos deseñados e dar cumplimento aos obxectivos enumerados a continuación.

Fóra de prazo

Plan de mellora para os comercios en activo

O Plan de mellora para os comercios en activo ten como obxectivo axudar aos comercios de Santiago de Compostela no proceso de innovación, modernización, xestión e promoción coa finalidade de incrementar aínda máis a súa competitividade.

Fóra de prazo

Plan de Formación 2009

O Plan de formación e mellora de competitividade para os sectores industrial, da construción, e do comercio e a hostalería para o ano 2009 contou con 26 accións formativas gratuítas, 13 presenciais e 13 por teleformación. Sumaron en total 929 horas lectivas, e ofertaron un total de 430 prazas, das que se beneficiaron, principalmente, persoas empadroadas e/ou que traballaban no Concello de Santiago.

Fóra de prazo

Solo empresarial

A Concellaría de Promoción Económica traballa para dar solución ás necesidades de solo industrial das empresas localizadas en Santiago de Compostela. É fundamental para o Concello que poidan medrar aquí evitando a súa deslocalización e a perda de empregos que suporía. Ao mesmo tempo, tamén é importante dispor dunha bolsa de solo empresarial para favorecer a implantación de empresas foráneas que xeren novos postos de traballo.

Fóra de prazo

Proxecto Europeo WEED

O proxecto Women, Enterprise, Employment in Local Development (Muller, Empresa e Emprego no Desenvolvemento Local) enmárcase no proxecto URBACT II, e ten por principal obxectivo o de estudar propostas para mellorar a situación das mulleres no mercado local de emprego, na economía cognitiva e na actividade emprendedora. Estas propostas estúdanse a través dos Grupos de Acción Local constituídos en cada unha das cidades participantes.

Fóra de prazo

Plan de Formación 2008

En 2008 a Concellaría de Promoción Económica organizou 59 cursos que sumaron máis de 4.500 horas lectivas, e nos que se ofertaron unhas 800 prazas de formación. Estes cursos pertencían aos seguintes programas: Plan de FIP (Formación e Inserción Profesional), Plan de Formación do Concello de Santiago, Proxecto Crear V, e Obradoiro de Emprego Compostela Natural.

Fóra de prazo

Plan de promoción e dinamización comercial

As accións de promoción e difusión da oferta comercial considéranse esenciais para a dinamización do sector, para o incremento da súa competitividade, e para dar resposta ás necesidades, esixencias e demandas das persoas consumidoras.

Fóra de prazo

Rede de Cooperación Local 2008

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) no ano 2004 como instrumento de fomento e creación de riqueza, co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.

Fóra de prazo

Rede de Cooperación Local (2004-2007)

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.