• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Actuacións anteriores

Fóra de prazo

Compostela Activa 2009

O programa de fomento da cultura emprendendora Compostela Activa enmárcase no SAE, o Servizo de Apoio á Empresa . Ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.

Fóra de prazo

COMPOSTELA MÓVESE 2015

O obxectivo da Concellería de Desenvolvemento Económico ao crear "Compostela Móvese"  é dinamizar o tecido  empresarial de Santiago. Este novo programa coordinará todas as actividades vinculadas co fomento da actividade empresarial na cidade.

Fóra de prazo

DESAFIO SCQ

O Concello de Santiago de Compostela convoca o concurso Desafío SCQ coa fin de fomentar a cultura emprendedora entre o estudantado e xerar vínculos entre estudantes e empresas da cidade de Santiago de Compostela

Fóra de prazo

FORMACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO SANTIAGO INVESTORS SUPPORT 2014

  O programa Santiago Investors Support 2014 integra todas as accións da Oficina de Economía relacionadas co apoio a cultura emprendedora, á creación de novas empresas e á mellora da competitividade do tecido económico local. Cos cursos que se desenvolverán no mes de maio continúa profundizando na labor de fomento da cultura emprendedora que leva desenvolvendo nos últimos anos

Fóra de prazo

I Feira urbana de oportunidades - Santiago stock

A Concellería de Comercio, dirixida por Reyes Leis, xunto coas asociacións de comerciantes da cidade: Acotes, Compostela Monumental, Santiago Centro, Asociación de comerciantes do Barrio de Conxo e Asociación Em-Rede,  organiza a primeira feira urbana de oportunidades “Santiago Stock. O teu punto de encontro aos mellores prezos”.

Fóra de prazo

Santiago Investors Support 2012

O programa Santiago Investors Support 2012 , integra continuando coa actividade realizada en anos anteriores nos programas Compostela Activa  e Rede de Cooperación Local todas as accións da Oficina de Economía relacionadas co apoio a cultura emprendedora, á creación de novas empresas e á mellora da competitividade do tecido económico local.

Fóra de prazo

Regalar custa pouco 2010

Regalar custa pouco 2010 ten como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal.

Fóra de prazo

Promoción de empresas e entidades en maiscompostela.org

As empresas, entidades, institucións e administracións con sede na comarca de Compostela ou que celebren eventos en Santiago poden promocionarse gratuitamente en internet a través da web da Concellaría de Promoción Económica www.maiscompostela.org e facebook.