• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Rede de Cooperación Local (2004-2007)

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago. Para acadar esta interrelación entre empresariado, institucións e investigadores da USC, organízanse visitas conxuntas, comidas de traballo, conferencias, e distintas accións formativas que van evolucionando segundo as necesidades detectadas en cada momento.

A idea da RCL naceu no ano 2004, cando a Concellaría de Promoción Económica detectou que existía unha separación entre a investigación que realizaba a USC e o empresariado de Compostela. Concibiuse como un instrumento para fomentar a creación de riqueza mediante o aumento da competitividade das nosas empresas e a profundización no papel innovador e xerador de coñecemento da Universidade de Santiago.

As bases da Rede de Cooperación Local, financiada pola Fundación Caixa Galicia e a Deputación da Coruña, sentáronse logo de realizar entrevistas en profundidade ao empresariado para coñecer as necesidades de innovación no sector. Tamén se organizaron mesas nas que particparon representantes da USC, da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre e do Concello. A principal conclusión deste período de reflexión conxunta foi a necesidade de levar a cabo actividades que permitisen o coñecemento mútuo de investigadores e empresariado. Entre 2005 e 2007 programáronse dez actividades, entre conferencias, cursos e visitas, nas que participaron 558 persoas.

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017