• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago e EspazoCoop organizan a xornada "Mulleres, líderes na economía social"

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a xornada nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop. A tenenta de alcaldesa explicou que "a Axenda 2030 dinos que o impulso á economía social debe ser unha das liñas do desenvolvemento económico de Santiago, pero ademais este é un modelo polo que debemos apostar se aspiramos tamén a un maior progreso social, en clave feminista".

O Foro Talentia avalía as potencialidades da intelixencia artificial, reivindica o talento local e pón o foco na conciliación

A primeira tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, abriu o Foro Talentia lembrando "o enorme potencial que tén Santiago no ámbito da innovación tecnolóxica, grazas a unha USC que ofrece ata 11 titulacións do ámbito das ciencias, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas, incluído un novo grao en Intelixencia Artificial; e que debe establecer sinerxias cun tecido produtivo vinculado ao sector tecnolóxico que dá emprego en Compostela a preto de 2.000 persoas".