• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alcalde participará o xoves nun webminar informativo sobre o Plan Marco de Reactivación Económica

No webminar, no que tamén participará a técnica municipal de Comercio Lucía Castro, analizaranse as líñas de axudas para a reactivación económica do comercio, autónomos e micropemes de Santiago de Compostela tras a situación provocada pola crise do COVID-19 correspondentes á anualidade 2020, os seus importes e prazos e os obxectivos específicos de cada unha das liñas da convocatoria.

O Concello emite unha instrución de aplicación da fase II ao sector de restauración e hostalería

No caso das terrazas, aclárase o procedemento que debe seguir a hostalería para beneficiarse da posibilidade de que o Concello conceda permiso para incrementar a superficie destinada á terraza ao aire libre , incrementando o número de mesas, respectando en todo caso a proporción do 50% entre mesas e superficie dispoñible e levando a cabo un incremento proporcional do espazo peonil no mesmo tramo da vía en que se ubique a terraza.

O Goberno municipal aproba plans de desescalada nos ambitos sociocultural, turístico, deportivo e de mercados

"Probablemente o luns haxa que matizar algúns dos acordos a día de hoxe, pero non podiamos esperar máis tempo", explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, a este respecto. Igualmente, engadiu, quedan pendentes ámbitos como o educativo, á espera das resolucións autonómicas na materia. O alcalde si dou por suposto o paso de Galicia á fase 2 da desescalada.

Aberto ata o 17 de xuño o prazo de presentación de solicitudes de axudas aos tipos de xuro por parte de autónomos e empresas de ata 10 traballadores/as

Estas axudas teñen como obxectivo, xunto co resto de accións incluídas no Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago, minimizar o impacto da crise económica derivada da COVID-19, achegar recursos para atender as necesidades de liquidez das microempresas. facilitar a súa recuperación económica e contribuír ao mantemento da actividade económica e á protección do emprego

O Concello oferta 4.000 novas prazas de formación, a maioría a través de mobile learning, nunha aposta pioneira pola aprendizaxe a través de dispositivos móbiles

As distintas accións formativas, centradas nas tendencias profesionais máis demandadas do mercado laboral, divídense en tres grandes bloques de especialización e aprendizaxe: "Idiomas, comunicarse nunha cidade cosmopolita", "Habilidades e actitudes. Medrar e liderar o cambio dixital e persoal" e "Competencias profesionais, é momento de reinventarse". Durante a comparecencia, o alcalde destacou "a aposta sen precedentes por potenciar o talento e a recalificación profesional online para combater as secuelas da COVID-19, despois do éxito da anterior convocatoria formativa".

Aprobado o programa de axuda a autónomos e pequenas empresas para o pago de xuros

Tras aprobar a semana pasada un programa semellante para o pequeno comercio, esta liña, tal como indicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, está máis dirixida "ao conxunto do tecido empresarial, incluída a hostalería", e en particular "a microempresas e autónomos". A dotación inicial desta acción é de 100.000 euros, ampliables ata os 400.000. En calquera caso, o rexedor indicou que "se a demanda excedera da oferta, abrirase unha segunda convocatoria". A previsión é que esta primeira convocatoria se publique no BOP a vindeira semana.

O Concello lanza o Plan Activa en Seguro para apoiar a autónomos e micropemes do sector servizos e da industria

A crise socioeconómica orixinada pola crise sanitaria do COVID-19 ten orixinado unha especial situación de indefensión naquelas empresas que, ou ben se viron obrigadas a cesar a súa actividade durante o período de confinamento, ou ben tiveron que cambiar a operativa da mesma, reducíndose o nivel de actividade e facturación das empresas, como é o caso de moitos autónomos e microempresas do sector servizos e da industria.

O Concello lanza un servizo de consultoría non presencial para apoiar ao pequeno comercio na preparación da volta á actividade económica

A crise socioeconómica orixinada pola crise sanitaria do COVID-19 ten orixinado unha especial situación de indefensión naquelas empresas que ou ben se viron obrigadas a cesar a súa actividade durante o período de confinamento ou ben tiveron que cambiar a operativa da mesma, reducíndose o nivel de actividade e facturación das empresas, como é o caso do sector do comercio minorista.

O Concello e a Cámara de Comercio poñen en marcha un servizo gratuíto de información, asesoramento e intermediación para as empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais

A través deste servizo ofrecerase de xeito coordinado información e recursos para o acceso das empresas de Compostela ás liñas de financiamento ICO, ás xestionadas pola rede cameral e a outras fontes de crédito mobilizadas dende o Goberno e as propias entidades financeiras para o mesmo fin. Este asesoramento enmárcase no convenio asinado entre ámbalas dúas entidades, que agora se vai ampliar.

O Concello lanza o seu Plan Marco de Reactivación Económica do municipio, con 23 medidas e unha dotación inicial de cinco millóns de euros

O alcalde lembrou que a estas medidas vanse sumar as que están deseñando as concellarías de Turismo e de Acción Cultural, que se presentarán nun futuro próximo. Adiantou que se está completando o plan en materia turística, destacando que se trata dun sector moi importante para Santiago, "porque emprega a miles de traballadores e porque supón, prácticamente, o 20% do PIB da nosa cidade".