Xornada gratuíta para que as empresas comprendan as novas demandas dos mercados
A empresaria e formadora Inma Rodríguez, que impartirá a sesión, explica que actualmente o mercado quere sentir confianza, seguridade na compra e a personalización dos produtos e servizos, “cada vez máis adaptados a súa necesidade e ao que quere sentir ao adquirir un produto”. En canto aos clientes, a experta sinala que hai diversos tipos, sempre enfocados en “satisfacer unha necesidade emocional na compra, e sentir esa emoción ou gustiño cando se atopa o que te fai sentir ben”.







