• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada gratuíta para que as empresas comprendan as novas demandas dos mercados

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organizará o vindeiro 15 de novembro unha xornada divulgativa gratuíta sobre técnicas de venda e experiencia de compra, titulada “A experiencia do cliente no comercio minorista”, co obxecto de queue os participantes comprendan as novas demandas do mercado, o que busca actualmente o cliente e os seus hábitos para así identificar como se pode ser máis atractivo e lograr unha melloría no resultado do negocio.

A empresaria e formadora Inma Rodríguez, que impartirá a sesión, explica que actualmente o mercado quere sentir confianza, seguridade na compra e a personalización dos produtos e servizos, “cada vez máis adaptados a súa necesidade e ao que quere sentir ao adquirir un produto”. En canto aos clientes, a experta sinala que hai diversos tipos, sempre enfocados en “satisfacer unha necesidade emocional na compra, e sentir esa emoción ou gustiño cando se atopa o que te fai sentir ben”. Ademais, a formadora apunta que o comercio minorista pode adaptarse infinitamente mellor ás necesidades reais, ben pola proximidade ao cliente ou porque pode ensaiar e implementar accións con tan só unha decisión de cinco minutos, sen ter que consultar á dirección xeral que está lonxe da empresa.

Esta actividade forma parte do Plan de Comercio Minorista, posto en marcha polas Cámaras de España e a Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). O Plan de Comercio Minorista contempla un programa destinado a mellorar a competitividade dos comercios da demarcación cameral de Santiago a través de diagnósticos individualizados e informes de recomendacións de mellora para que os locais comerciais poidan asumir as metodoloxías e solucións e incrementar a súa situación competitiva.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición