• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Portal de comercio electrónico a disposición de mulleres emprendedoras

O programa Desafío Mujer Rural do Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades, ofrece a mulleres emprendedoras a posibilidade de dispor da súa propia tenda virtual, dentro dun portal web de emprendemento que está a por en marcha.

Con este portal as emprendedoras poderán:
  • Dispoñer dun espazo onde consultar noticias, acceder a documentación e recursos formativos, informarse sobre eventos, coñecer proxectos de éxito, contactar con outras emprendedoras e moitos máis recursos todos eles relacionados co emprendemento e o mundo rural.
  • Dispoñer dun espazo de venda propio auto xestionado onde dinamizar o seu produto ou servizo así como o asesoramento necesario para o seu uso e funcionamento.
  • Recibir formación en Márketing Dixital que axude á emprendedora para potenciar o seu negocio, a xestionar de forma básica a presenza social do seu proxecto e a utilizar as ferramentas TIC para implementalo.
Dirixido

O programa está dirixido a emprendedoras do medio rural en todo o territorio nacional. Poderán participar todas as mulleres que teñan interese en emprender no medio rural a través do portal web, así como aquelas que xa teñan un negocio en marcha e desexen comercializar os seus produtos ou servizos a través da tenda en liña.