• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago, única cidade galega entre as quince con menores taxas de paro, segundo os datos de indicadores urbanos difundidos polo INE

Para o cálculo deste indicador en concreto, utilízanse valores medios anuais a partir dun modelo que combina os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) e do paro rexistrado, segundo as cifras do SEPE, o Servizo Público de Emprego Estatal. En 2022, Santiago de Compostela rexistrou unha taxa de paro dun 9,1%. A lista non inclúe ningunha outra cidade galega. Encabezándoa, en primeiro lugar está o municipio de San Cugat del Vallès, na provincia de Barcelona, cun 5,2% de desemprego.

Competencias dixitais para fuxir do desemprego

Na mesma liña, a consultora  PwC prevé que en 2030 en España polo menos un 4% das profesións existentes desaparecerán e a OCDE engade que polo menos un 10% dos traballos estarán en perigo de desaparecer. Pero estes datos non teñen porqué ser totalmente negativos, numerosas persoas expertas coinciden que a dixitalización traerá consigo máis empregos novos que os que desaparecerán por mor desta.