Competencias dixitais para fuxir do desemprego
A CEDEFOP, xunto con diferentes organismos europeos, coinciden en que nas próximas décadas o 90% dos postos de traballo requirirán algún tipo de competencia dixital. Se observamos o panorama actual, o 45% da poboación non activa, e o 37% das persoas traballadoras europeas non teñen as habilidades dixitais suficientes para conseguir un traballo ou outro de maior responsabilidade.
Na mesma liña, a consultora PwC prevé que en 2030 en España polo menos un 4% das profesións existentes desaparecerán e a OCDE engade que polo menos un 10% dos traballos estarán en perigo de desaparecer. Pero estes datos non teñen porqué ser totalmente negativos, numerosas persoas expertas coinciden que a dixitalización traerá consigo máis empregos novos que os que desaparecerán por mor desta.