Marta Lois asiste ao peche do proxecto de aprendizaxe e servizo realizado en colaboración coa Facultade de Ciencias Económicas
A través deste proxecto, seis grupos de alumnas e alumnos da materia de Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local de terceiro curso do Grao en Economía, que imparten Manuel González e Carmela Sánchez, realizaron unha análise socieconómica dos barrios e parroquias de Conxo, Sar, Lavacolla, Laraño, Pontepedriña e Fontiñas.