• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aprendizaxe-Servizo no eido do Desenvolvemento Local

Data de escritura

A metodoloxía de aprendizaxe-servizo unha proposta educativa innovadora, que combina procesos de aprendizaxe co servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado, no que as persoas participantes melloran os seus coñecementos e habilidades ao traballar sobre necesidades reais da súa contorna próxima co obxectivo de mellorar a situación actual.

O vindeiro 18 de xullo ás 12 h. no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais terá lugar a presentación do proxecto "Universidade, Sociedade e Desenvolvemento. Aprendizaxe-Servizo no eido do Desenvolvemento Local". O acto é libre e gratuito.

A Universidade de Santiago de Compostela, lidera o proxecto APS UNI, co obxectivo principal de estudar a pertinencia do Aprendizaxe-Servizo (ApS) como marco de innovación e desenvolvemento dos procesos de aprendizaxe nas universidades españolas.

A fotografía corresponde ao proxecto "Aplicación do ApS na formación empresarial" no que o alumnado do último curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo, traballou na obtención de información sobre os diferentes produtos que elabora e comercializa a asociación ASPNAIS, para posteriormente deseñar medidas orientadas á mellora da súa comercialización, ademais de suxerir ou propoñer ideas de novos produtos.