• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago comparte no Congreso REDEL as experiencias locais en economía circular

Na mesa técnica explicouse a implantación en Santiago de experiencias como a Tropa Verde, o Prestogal, a EDUSI ou o Santiauga, exemplos de modelos de economía circular na nosa cidade. O proxecto Tropa Verde, premiado ademais co Premio R de Ecoembes ou o Premio Boa Práctica en Desenvolvemento Urbano Sustentable no ano 2016, busca fomentar a reciclaxe e a reutilización e premia a conciencia ecolóxica da sociedade. Pola súa banda, o Prestogal aposta polo consumo colaborativo, o intercambio e a cesión de recursos entre veciños e veciñas.

O segundo "Almorzo do Bo Facer" remata coas primeiras fichas de propostas para o ano 2018

Neste segundo almorzo centrarámonos no deseño e concreción de ideas ou esbozos de proxectos de carácter colaborativo que poidan funcionar como solucións ou alternativas ás cuestións xurdidas no primeiro. Como resultado deste segundo almorzo obtiveronse distintas fichas de propostas de accións para o ano 2018 que continuaran a ser traballadas no terceiro almorzo. 

Celebramos no CERSIA Empresa o primeiro "Almorzo do Bo Facer"

Neste primeiro almorzo creamos un espazo distendido, activo e de cohesión onde as cooperativas e resto de entidades presentes puideron expresar libremente as súas opinións de cara á creación dun listado de propostas e ideas colaborativas e cooperativas que mostrar ao Concello e que poidan favorecer e fortalecer o sector da economía social compostelá.