• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O segundo "Almorzo do Bo Facer" remata coas primeiras fichas de propostas para o ano 2018

Data de escritura
  • O almorzo celebrouse o 31 de outubro no Matadoiro
  • Participaron no encontro Gaia dos nenos S. Coop. Galega, Maos Innovación social, S. Coop. Galega, dehistoria, s.l.l., NUMAX, ,Panxea S. Coop. Galega, 7H S. Coop. Galega, A casa do Encontro, Sacauntos S. Coop. Galega, Culturactiva S. Coop. Galega, Feitoría Verde S. Coop. Galega e o Concello de Santiago.

Neste segundo almorzo centrarámonos no deseño e concreción de ideas ou esbozos de proxectos de carácter colaborativo que poidan funcionar como solucións ou alternativas ás cuestións xurdidas no primeiro. Como resultado deste segundo almorzo obtiveronse distintas fichas de propostas de accións para o ano 2018 que continuaran a ser traballadas no terceiro almorzo. 

Neste segundo almorzo participaron máis persoas, proxectos e entidades das que participaron no almorzo inicial. Algunha cooperativa que non puido acudir presencialmente, achegoun por correo electrónico as súas propostas para que puideran ser estudadas polas entidades participantes de cara ao terceiro almorzo que se celebrará o 14 de novembro no Auditorio de Galicia e para o que calquera entidade de economía social que desexe incorporarse ao proxecto pode inscribirse aquí.