Celebramos no CERSIA Empresa o primeiro "Almorzo do Bo Facer"
Neste primeiro almorzo participaron 20 persoas pertencentes á distintas cooperativas e sociedades laborais da área de Compostela, asociacións de cooperativas de ámbito galego como AGACA e representantes de outra modalidades de economía social como as empresas de inserción laboral.
Neste primeiro almorzo creamos un espazo distendido, activo e de cohesión onde as cooperativas e resto de entidades presentes puideron expresar libremente as súas opinións de cara á creación dun listado de propostas e ideas colaborativas e cooperativas que mostrar ao Concello e que poidan favorecer e fortalecer o sector da economía social compostelá.
Falamos do concepto de economía social e analizamos os factores que condicionan en positivo e en negativo o seu desenvolvemento na área de Compostela. A falta de visibilidade das iniciativas que operan no sector da economía social, as dificutades para acceder aos contratos públicos, a normativa europea que favorece as contratacións en materia de economía social por parte das administracións públicas, a relación coa comunidade da que fai parte unha cooperativa... foron algúns dos temas tratados e dos que partiremos, entre outros, para o deseño e concreción de ideas do vindeiro almorzo. INSCRÍBETE E PARTICIPA!
O segundo "Almorzo do Bo Facer" celebrarase no Matadoiro o 31 de outubro de 2017 en horario de 9:00h a 11:00h.
Este segundo almorzo centrarase no deseño e concreción de ideas ou esbozos de proxectos de carácter colaborativo que poidan funcionar como solucións ou alternativas ás cuestións xurdidas no primeiro. Terá, polo tanto un carácter de continuidade.
Ademais preténdense que aglutine a máis persoas, proxectos e entidades das que participaron no almorzo inicial. Estas acudirán convidadas polas entidades que participaron no primeiro almorzo e que ven nestas novas iniciativas un apoio para o deseño de ideas.