Tendencias en alimentación
Os produtos para vexetarianos (como os preparados 0% carne) e o aumento de snacks (moi lonxe daqueles primitivos ronquiños considerados como lambetadas, e que agora inclúen cárnicos, vexetais, froita, leguminosa ou turrón) son outras das tendencias que avalan o interese por unha nutrición sa. Esta tendencia consolídase coa ampla variedade de produtos que inclúen os chamados superalimentos (chlorella, spirulina, kale, lúcuma, maca…), que se introduciron na dieta dos españois con inusitada rapidez.