• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Tendencias en alimentación

Os produtos para vexetarianos (como os preparados 0% carne) e o aumento de snacks (moi lonxe daqueles primitivos ronquiños considerados como lambetadas, e que agora inclúen cárnicos, vexetais, froita, leguminosa ou turrón) son outras das tendencias que avalan o interese por unha nutrición sa. Esta tendencia consolídase coa ampla variedade de produtos que inclúen os chamados superalimentos (chlorella, spirulina, kale, lúcuma, maca…), que se introduciron na dieta dos españois con inusitada rapidez.

Alimentos funcionais e dietas persoalizadas para unha poboación envellecida

Este escenario supón unha gran oportunidade para a industria de alimentos e bebidas, pero tamén un reto. Esixe novas solucións en saúde e nutrición. As empresas de alimentación han de ofertar alimentos funcionais que fortalezan o sistema  inmunológico e que se adapten ás preferencias e hábitos de consumo da poboación con mais idade, é dicir, que sexan fáciles de masticar, dixerir e con texturas agradables.