Alimentos funcionais e dietas persoalizadas para unha poboación envellecida
Neste segmento de poboación, as persoas buscan cada vez máis produtos que satisfagan as súas necesidades físicas, mentais e emocionais. Segundo un informe Mintel, en Reino Unido, o 83% dos consumidores padecen ou padeceron problemas dixestivos. Isto provoca que o 30% modificase a súa dieta para minimizar estas doenzas e o 15% tome alimentos fermentados para mellorar a súa saúde dixestiva.

Este escenario supón unha gran oportunidade para a industria de alimentos e bebidas, pero tamén un reto. Esixe novas solucións en saúde e nutrición. As empresas de alimentación han de ofertar alimentos funcionais que fortalezan o sistema inmunológico e que se adapten ás preferencias e hábitos de consumo da poboación con mais idade, é dicir, que sexan fáciles de masticar, dixerir e con texturas agradables.