Galicia ten potencial no desenvolvemento de produtos con propiedades saúdables
As expertas participantes no evento aludiron a sectores sinérxicos coa biotecnoloxía como o lácteo, a agricultura, o sector vitivinícola, a pesca ou mesmo a extracción de algas. Son sectores horizontais; hai que buscar que ferramentas biotecnológicas poden aplicar eses sectores no desenvolvemento de produtos innovadores que xeren valor engadido. Ambas as expertas animaron ás empresas biotecnológicas galegas a explorar esa vía.