• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Procesamento da madeira natural nun material de alto rendemento

Malia tratarse dun resultado experimental, abrénse grandes posibilidades para o emprego dun material rexenerable. a madeira, sustituindo a outros non rexenerables en, por exemplo, a construción de edificios e automóbiles. Un grande paso cara a unha economía auténticamente circular.

A madeira é fundamental para unha construción diferenciada

A madeira ofrece múltiples vantaxes como material construtivo. É un material lixeiro, que se pode mecanizar e manipular con facilidade, sen necesidade de grandes guindastres. A maioría dos elementos de madeira nunha obra pódense manexar a man. Bo illante en si mesma, retarda como ningún a acción do lume e tras a súa vida de servizo nun edificio é reciclable.