• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Procesamento da madeira natural nun material de alto rendemento

Data de escritura

A revista Nature publicou unha técnica para aumentar a densidade da madeira sen abrandala nin que volva ao seu estado orixinal. Basicamente férvese a madeira nunha solución cáustica e comprímese mentres ferve. Mediante este proceso conseguiuse crear, de forma experimental, unha madeira tres veces máis densa que a que non foi tratada. E ademais é 10 veces máis difícil de romper, 20 veces máis ríxida e 50 veces máis resistente á compresión.

Malia tratarse dun resultado experimental, abrénse grandes posibilidades para o emprego dun material rexenerable. a madeira, sustituindo a outros non rexenerables en, por exemplo, a construción de edificios e automóbiles. Un grande paso cara a unha economía auténticamente circular.