• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA A PARTICIPACION DE PERSOAS ESCRITORAS, ILUSTRADORAS, TRADUTORAS, E EDITORAS NAS ACTIVIDADES DO SECTOR DO LIBRO

Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia fóra de Galicia, ata un máximo de dúas actividades por solicitante, realizadas no sector do libro de entre as seguintes: feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas. No caso das persoas xurídicas, poderán asistir ás activades subvencionadas dous traballadores, previamente designados pola empresa e que figuren na solicitude, a unha actividade cada un ou ben un traballador a dúas actividades

AXUDAS Á APICULTURA

Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, no marco da intervención sectorial apícola recollida no Plan estratéxico nacional da política agrícola común (PAC) do Reino de España 2023-2027, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

SUBVENCIONS PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXETICA

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado destas bases reguladoras (código de procedemento IN417Y).

Condicións dos proxectos:

De conformidade co disposto no artigo 6.1 destas bases reguladoras os traballos non poderán iniciarse con anterioridade á data de presentación da solicitude.

AXUDAS PARA A CONTRATACION DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACION

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e o seu obxectivo é facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior- priorizando a mocidade sen ou con pouca experiencia e os sénior experimentados maiores de 45 anos en situación de desemprego–, ao mesmo tempo que se apoia as pemes galegas no seu proceso de internacionalización poñendo á disposición das pemes información sobre profesionais con formación especializada e unha subve

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACION DA ARTESANIA GALEGA

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da comercialización da artesanía galega. As ditas actuacións deberán estar realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2023 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 21. Así mesmo, excepcionalmente considéranse subvencionables os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2022 derivados da organización e participación en feiras do período do Nadal 2022/23, así como os gastos efectuados no ano 2022 para o pagamento da súa reserva.

SUBVENCIONS Á CREACION INDIVIDUAL

Regular as subvencións establecidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para o apoio á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores/as individuais, e a posprodución de curtametraxes e realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT207E).

SUBVENCIONS A PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia (código de procedemento PR937A).

SUBVENCIONS ÁS GALERIAS DE ARTE

Establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas ás galerías de arte, que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma galega, para facilitar a súa participación en feiras e eventos do sector que teñan lugar no ano 2023 fóra da comunidade (código de procedemento CT215C).