• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA O PROGRAMA DE MODERNIZACION DO COMERCIO

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial.

 

Establécense dúas liñas de axudas:

– Liña destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

– Liña destinada a asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo II, a seguinte documentación:

 

Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

a) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados, de ser o caso. A referida documentación deberá acreditar que o obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

b) Documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración da persoa representante legal da persoa solicitante ou o modelo de representación para procedementos ante a Xunta de Galicia que figura na sede electrónica, debidamente cuberto e asinado.

c) No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, os compromisos de execución asumidos por cada persoa integrante da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada unha, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse unha persoa representante única da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo IV).

d) Declaración responsable do cumprimento das condicións para o acceso a axuda (anexo III).

e) Informe emitido pola Seguridade Social de todos os códigos de conta de cotización da persoa solicitante en que figure o número de persoas traballadoras na data de presentación de solicitudes ou acreditación de non estar inscrita como empresario/a, se é o caso.

 

Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.

a) Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente, se é o caso.

b) Poder suficiente da persoa representante da entidade solicitante.

c) Composición actualizada da xunta directiva da entidade asociativa.

d) Declaración responsable da persoa que ten a presidencia ou a representación da entidade solicitante de ter aprobadas as contas anuais pola xunta directiva da entidade asociativa nos tres últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria (anexo III).

e) Declaración responsable da persoa que ten a presidencia ou a representación da entidade solicitante do número total de membros asociados e do número de comercios asociados (anexo III). Achegarase a listaxe dos comercios asociados detallando, para cada un deles, o nome do local, a actividade que desenvolve e o código de clasificación do imposto de actividades económicas (IAE).

f) De solicitar mupis dixitais, comunicación ao concello da súa instalación.

 

Documentación común ás liñas: Memoria detallada, facturas, declaracións responsables, e resto de documentos especificados neste artigo.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais. As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.

 

Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes. As asociacións e federacións de comerciantes sen ánimo de lucro, legalmente constituídas.

Requisitos

Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais:

a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea localizado na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes ao retallo fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia. As páxinas web deberán cumprir os requisitos que figuran no anexo XIII da orde.

b) Que teña a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño).

c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009) aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009). En todo caso, requirirase que a actividade principal estea dada de alta nalgunha epígrafe do imposto de actividades económicas que se corresponda coas actividades incluídas nos CNAE 46 ou 47, agás as epígrafes 616, 654 e 655 así como calquera outra actividade económica que non se considere subvencionable de acordo co disposto nestas bases reguladoras. No caso de que no establecemento se exerzan de maneira simultánea actividades subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal.

 

Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes:

a) Que teñan entre os seus fins estatutarios a defensa dos intereses do sector comercial.

b) Que teñan a sede social e ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que teñan unha antigüidade mínima de tres anos na data da publicación desta orde.

d) No caso de asociacións de ámbito municipal, que teñan o número mínimo de comercios asociados dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE establecidas neste artigo, en función da poboación do concello.