• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA DE INCENTIVOS AS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLOXICA (IEBTs)

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR340E).

Impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a convocatoria do Programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

 

As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas, dentro do primeiro ano de actividade:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

c) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

d) Apoio á función xerencia.

Documentación requerida

As solicitudes deberan presentarse no formulario normalizado (anexo I) que figura como anexo desta orde, e deberán ir acompañadas da documentación, común e específica, que se relaciona nos puntos 2 e 3 deste artigo.

 

Documentación xeral para todas as axudas:

a) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Quedan exceptuadas da dita presentación as persoas ou entidades inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garantan representación para este procedemento.

b) Escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas, cando se trate de persoa xurídica.

 

A documentación específica será a que se especifica neste artigo para cada liña de axuda.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

As empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada modalidade de axuda.

Requisitos

Que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada modalidade de axuda.

 

Para poder acceder ás distintas modalidades de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas.

 

Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Tampouco poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias as solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.