• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Centro Xove da Almáciga acolle o Demoday de iniciativas de emprendemento cooperativo no ámbito do márketing dixital

O Demoday servirá de marco para a entrega de premios do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Márketing Dixital. A través deste certame, organizado pola Deputación da Coruña e a Fundación Paideia Galiza, outorgarase un premio de ata 60.000 euros para financiar a posta en marcha e o primeiro ano de actividade do proxecto gañador. Á convocatoria podían optar os equipos formados polo alumnado da formación en "Márketing Dixital e Cooperativismo".

A mocidade compostelá desempregada formarase en Márketing Dixital e Cooperativismo da man da Fundación Paideia e a Concellaría de Promoción Económica

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude salientou que "este programa conxuga varias cuestións que son do máximo interese para o departamento: aposta pola mocidade, pola actividade emprendedora, e polo cooperativismo, un modelo produtivo clave para avanzar en termos de progreso económico e social". María Rozas agradeceu aos organizadores que traian este proxecto a Santiago na súa terceira edición, e mostrouse convencida de que das clases "sairán proxectos que acaben sendo cooperativas e empresas exitosas".