Explorar virtualmente o Museo do Pobo Galego, e facelo ademais da man de dúas figuras como Rosalía de Castro e Castelao, é posible desde hoxe grazas á app deseñada e desenvolvida polo alumnado do obradoiro de emprego Appventurers. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a aplicación, que "pensada para outorgarlle valor engadido á visita ao espazo expositivo". Na rolda de prensa tamén participou o director do Museo, Manuel Vilar, o seu sucesor, Lois Ladra, e dous dos partipantes no obradoiro.María Rozas explicou que PoboAR é unha aplicación de realidade aumentada, que procura facer a visita ao Museo do Pobo Galego "máis educativa e inmersiva". Para utilizala é preciso descargar a app móbil, dispoñible para Android, e escanear os pictogramas que xa están instalados nas diferentes salas do museo. En cada unha delas, a aplicación fará aparecer a Rosalía de Castro ou a Castelao, que serán os encargados de explicar diferentes cuestións de cada un dos espazos expositivos. Para mellorar a experiencia, recoméndase o uso de auriculares, e a app está dispoñible en galego, castelán, francés e inglés.
A presidenta do Grupo de Cidades Patrimonio e alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou hoxe a programación de ‘A Noite do Patrimonio, A Nit do Patrimoni, A Noite do Patrimonio’, que definiu como "o maior evento cultural que se celebra de forma simultánea nas 15 cidades Patrimonio Mundial e que constitúe a mellor representación da singularidade dos nosos monumentos, da nosa arte e das nosas tradicións, á vez que proxecta esta diversidade e a riqueza deste legado cultural en todo o mundo". O evento converterase de novo nun referente artístico a noite do próximo sábado 14 de setembro coa apertura en horario extraordinario de centos de espazos históricos das 15 cidades e multitude de visitas guiadas e espectáculos ao aire libre, dentro dunha oferta cultural única e gratuíta, con actividades para todos os públicos. A sétima edición do Festival de Danza Escena Patrimonio exhibirá as 15 pezas dos coreógrafos invitados.
Santiago conta dende o venres pasado cun espazo permanente e con actividades estables para promocionar a cultura maker.
Trátase do Espazo Maker Compostela, que estará ubicado na Casa das Asociacións de Cornes, e que ofrecerá diferentes actividades e obradoiros nas tardes dos venres e os sábados todo o día.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou este novo servizo "que está destinado a impulsar a creatividade entre a veciñanza, e a fomentar a súa participación en actividades tecnolóxicas e creativas".
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou hoxe na entrega dos premios Peme do Ano da Cámara de Comercio, nun acto no que parabenizou a todas as persoas galardonadas así como a iniciativa colectiva, que pón o foco nos proxectos empresariais que máis o merecen". Na súa intervención, animou á veciñanza a "tomar consciencia" á hora de "escoller onde mercar, a que empresa chamar ou que producto seleccionar".
Mañá bota a andar o programa de formación especializada sobre cooperativismo, enmarcado no convenio de colaboración entre a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude e a Unión de Cooperativas Espazocoop. Serán catro cursos gratuítos presenciais, que se desenvolverán no edificio Cersia de San Lázaro. O obxectivo é consolidar as empresas de economía social, e potenciar o intercambio de experiencias entre elas.
A Praza Roxa acollerá mañá o Mercado das Alfaias, un mercado ecolóxico de proximidade impulsado pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, en colaboración coa asociación Nonéomesmo e o Sindicato Labrego Galego. Na iniciativa participarán unha ducia de produtores de Santiago e concellos próximos, e haberá tamén degustación de petiscos de restaurantes colaboradores, palestras, e música ao vivo.
Taller práctico: "Como mellorar as túas campañas de marketing online con IA"
A Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma PRESENCIAL, a xornada GRATUÍTA:
Venres, 21 de xuño, en horario de 12:00 a 14:00 horas
"Explorando a Realidade virtual, Realidade aumentada
e a Visión artificial"
12 Comercios 12 Sensibilidades é un proxecto de 12 comercios de Compostela que conflúen durante 12 meses, para dar visibilidade a 12 proxectos solidarios.
"Xeración optimizada de consultas a chatGPT e similares"