Servizo de Apoio á Empresa
O Servizo de Apoio á Empresa (SAE) é a entidade encargada de prestar un servizo integral de apoio á empresa, ao comercio e ás persoas emprendedoras do Concello de Santiago de Compostela.
O seu principal obxectivo é apoiar a creación e consolidación de empresas. Con esta finalidade pon á disposición das persoas emprendedoras, empresas e comercios, medios humanos e materiais para axudalas no proceso de creación e consolidación da súa iniciativa empresarialQuen se pode beneficiar do servizo?
- Persoas emprendedoras.
- Comercios e empresas xa establecidas.
- Asociacións de comerciantes, profesionais e outras entidades.
Onde está situado e como funciona?
O Servizo de Apoio á Empresa está situado no CERSIA, Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa, sito na Rúa Alcalde Raimundo López Prol s/n. A oficina permanece aberta ao público de luns a venres, de 8.30 h. a 14.30 h.
O Servizo de Apoio á Empresa ten establecido un sistema de cita previa. O teléfono de contacto é o 981 542 493. Tamén pode contactar co servizo a través do correo electrónico cersiasantiagodecompostela.org
Que servizos presta?
O Servizo de Apoio á Empresa cubre as diferentes etapas polas que pasa unha empresa desde que ainda é un proxecto ata que xa está consolidada, coa prestación dos seguintes servizos:
- Información, orientación e asesoramento integral a persoas emprendedoras, comerciantes e empresarios/as en activo.
- Emprendemento: información e orientación sobre todos os aspectos relacionados coa constitución da empresa.
- Consolidación empresarial: acompañamento a empresas e comercios establecidos.
- Formación: mellora da profesionalización.
- Plan de formación continua.
- Servizo Local de Emprego. Intermediación laboral. Xestión de ofertas e demandas de emprego.
Con que programas conta?
O Servizo de Apoio á Empresa conta con diferentes programas adaptados ás necesidades específicas das persoas emprendedoras, das empresas e/ou comercios de Santiago.- O programa Santiago Investors Support: cobre dun xeito integral as diferentes etapas polas que pasa unha persoa emprendedora deste que ten a súa idea de negocio ata que constitúe a empresa.
- Xornadas formativas e informativas sobre diferentes competencias en creación e xestión de empresas.
- Encontros comerciais.
- Axudas para a creación de novas empresas
- Viveiros de empresas.
- Viveiro de Empresas de Costa Vella: en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
- UNINOVA: en colaboración coa USC.