Edificio CERSIA Empresa
CERSIA Empresa é o edificio municipal para a dinamización económica da cidade. O servizo nel proporcionado e mesmo as súas instalacións están ao servizo das entidades que forman ou pretenden formar parte do tecido económico e empresarial do concello de Santiago.
As entidades interesadas en facer uso das instalacións do edificio CERSIA Empresa deberán solicitar por rexistro o uso das instalacións, podendo consultar previamente á formalización da reserva a dispoñibilidade das mesmas enviando un correo electrónico a cersia@santiagodecompostela.org indicando o espazo ou espazos que precisa reservar, a data e horario de reserva, e mais un teléfono de contacto.
As instalación que o CERSIA Empresa pon á disposición das entidades son as seguintes:
- Salón de actos
Capacidade para 201 persoas
Equipado con pantalla, canón e sistema de son - Salas de formación
Dúas salas, con capacidade para 22 persoas (modelo auditorio)
Posibilidade de distintas montaxes
Equipadas con pantalla e canón - Aula de informática
Capacidade para 18 persoas
Equipada con pantalla e canón - Sala de reunións
Capacidade para 16 persoas
Equipada con pantalla e canón
+ info: cersia@santiagodecompostela.org
O uso e a cesión das intalacións está regulado nas Normas de Uso do CERSIA Empresa, aprobadas en Xunta de Goberno Local do 19 de maio de 2017 que poden consultarse aquí