As meninas que resucitaron Ferrol
A ese ano seguiulle outro e logo outro. O movemento foise facendo máis grande, atraendo a atención da prensa nacional e internacional cada vez que se reunían os pintores rueiros o primeiro fin de semana de setembro. Empezáronse a programar concertos e charlas e a palabra Canido comezou a citarse en textos escritos en idiomas diferentes ao galego e o español. O barrio foi comparado co Soho londiniense. Comezaron a xurdir as axudas económicas e os patrocinios. Así ata 2018, momento en que as meninas celebran os seus décimos aniversarios.