• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

As meninas que resucitaron Ferrol

A ese ano seguiulle outro e logo outro. O movemento foise facendo máis grande, atraendo a atención da prensa nacional e internacional cada vez que se reunían os pintores rueiros o primeiro fin de semana de setembro. Empezáronse a programar concertos e charlas e a palabra Canido comezou a citarse en textos escritos en idiomas diferentes ao galego e o español. O barrio foi comparado co Soho londiniense. Comezaron a xurdir as axudas económicas e os patrocinios. Así ata 2018, momento en que as meninas celebran os seus décimos aniversarios.

Pobos que se converteron en grandes destinos para artistas

En Ordes celébrase cada ano durante a segunda semana de agosto, Desordes Creativas, un festival de arte rural organizado por Mutante Creativo. A obra máis coñecida do festival é A greleira de 50 pés, en Ordes, e pertence a série Fenómenos do rural do artista galego Joseba Muruzábal (Yoseba MP). En total, no pobo xa hai 60 murais. Mutante Creativo tamén organiza máis festivais de arte rural noutros pobos de Galicia como o Rexenera Fest (do 28 de maio ao 3 de xuño), en Carballo; e Cromático Mural Fest (do 25 de xuño ao 1 de xullo), en Cambre.